O CONCELLO E A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO ASINAN UN CONVENIO PARA REALIZAR DOUS PROGRAMAS TERAPÉUTICOS
Son sendos programas de piscina terapéutica e de fatiga oncolóxica, dirixidos a mellorar a calidade de vida dos pacientes con esta enfermidade.
Narón, 12 de Setembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta da delegación ferrolá da Asociación Española contra o Cancro, Isabel Caamaño, asinaron un convenio de colaboración en materia de Sanidade, acompañados polo concelleiro desta área, Manuel Ramos.
O acordo contempla o financiamento de dúas actividades, para os pacientes desta enfermidade:
-Programa de piscina terapéutica (actividade dirixida á prevención e rehabilitación do Lindefema –complicación asociada ó cancro de mama en mulleres mastectomizadas- como complemento do programa de atención integral á muller con cancro de mama “Mucho por vivir”, o cal presta tamén atención psicolóxica e social).
-Programa de fatiga oncolóxica (ofrece información e formación práctica ós doentes oncolóxicos para soportar de mellor maneira as secuelas ou efectos secundarios dos tratamentos).
Estos programas desenvolveranse no termo municipal de Narón durante este ano, e o Concello financiará con 2.000€ ambas actividades.