O III DESFILE SOLIDARIO A BENEFICIO DO CRS DE NARÓN CELÉBRASE O VENRES NO AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA
A entrada será en forma de alimentos, roupa e calzado ou donativo.
Narón, 6 de Maio de 2015.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presentou hoxe en rolda de prensa o III Destile Solidario que terá lugar o venres 8 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal da Praza de Galicia. Está prevista a participación aproximada de 70 persoas entre particulares, voluntarios e usuarios do Centro de Recursos Solidarios de Narón, a quen irá destinada a recadación do evento. A entrada polo tanto será en forma de alimentos, roupa e calzado, ou donativo (que se depositará nunha urna).
O desfile constará de tres pases:
-Primavera/verano
-Festa
-Moda nupcial
Ademáis, entre cada bloque haberá diferentes actuacións:
-Mos e Mon (versións de temas coñecidos con guitarra e voz).
-Baile de danza do vientre a cargo de “Arabesque”.
-Escola de Bailes de Salón ‘Tedaga’ de Narón.
-Dúo Son Voláns.
A organización sorteará entre os asistentes diferentes obsequios doados por firmas comerciais. O prezo das rifas será de 1€. Tamén nesta gala se aproveitará para presentar o Facebook do Centro de Recursos Solidarios (xestionado polas ONGs Cáritas, Dignidad e a Plataforma de Afectados pola Hipoteca), que estará operativo a partires do día seguinte.
Nesta ocasión non desfilarán representantes políticos, dado que a Xunta Electoral non o ten permitido ó estar xa en período de campaña electoral.