O acordo supón una achega de 9.000 euros e permitirá desenvolver varias accións para fomentar o sector na localidade
Narón, 16 de novembro de 2015. O rexedor local, José Manuel Blanco, asinou un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón, Olga Ameneiro, por importe de 9.000 euros. Ao acto acudiu tamén o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar.
Un dos obxectivos deste acordo é potenciar o comercio local e impulsar accións para fomentar a súa fluidez e tamén para lograr que a veciñanza de Narón colabore na promoción do sector na localidade. Entre as actividades a levar a cabo con estes fins están as Campañas de Outono “Chegar e encher”, que se desenvolveu recentemente no municipio, e a de Nadal, que terá lugar en decembro e que inclúe varios sorteos. Así mesmo, tamén se impartirán varias charlas de formación dirixidas ao colectivo, tal e como se contempla no documento.