O ALCALDE ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS
O Concello realizará unha achega económica de 15.000 euros á ASCM
Narón, 20 de novembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Asociación Sociocultural de Minusválidos, Ángel Gárate, asinaron un convenio de colaboración por importe de 15.000 euros. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, asistiu ao acto de sinatura do acordo.
Con cargo á achega económica procedente das arcas municipais a ASCM comprométese a desenvolver programas e actividades relacionadas coas persoas discapacitadas de Narón e tamén continuar mantendo o programa de transporte adaptado na localidade. Así mesmo, a asociación facilitará a integración e o acceso do colectivo aos servizos e recursos do entorno, tal e como se contempla no documento.