Se celebran do 28 de novembro ó 2 de decembro en diferentes barrios e parroquias de Narón.
Narón, 18 de novembro de 2011.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Mª Teresa Sabio, ven de organizar unha serie de Tertulias de Sensibilización con motivo da celebración –o vindeiro 25 de novembro- do Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres.
As charlas levaranse a cabo en diferentes parroquias do concello, durante cinco días consecutivos, e nas mesmas se tratarán os seguintes contidos: violencia de xénero analizando as súas causas, formas de manifestarse, medios para combatela, etc…
A Concelleira de Igualdade, Mª Teresa Sabio, fixo un chamamento público ás mulleres de Narón de cara á súa participación nestas tertulias, que se celebrarán nas seguintes datas e lugares:
Luns 28 de novembro: Centro Cívico Social de O Alto (17:00 horas)
Martes 29 de novembro: Centro Cívico Social de O Val (17:00 horas)
Mércores 30 de novembro: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros- A Gándara (17:00 horas)
Xoves 1 de decembro: Local Veciñal de A Pombiña- Pedroso (17:00 horas)
Venres 2 de decembro : Local Veciñal de Mulleres Rurais de Ferrerías- Xuvia (17:00 horas)
As persoas interesadas en obter máis información, poden chamar ó número de teléfono do Concello 981 33 77 00 (extensión 1113).