SINATURA DE DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON AFAES PORTANOVA E A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS
Narón, 21 de Xuño de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe dous convenios de colaboración coas entidades AFAES Portanova e Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM), acompañado polo presidente e a xerente de ambas entidades, e a Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio.
O rexedor manifestou a importancia do traballo que prestan a cotío estas entidades, debido a que “sen o seu labor, para o Concello sería imposible chegar a todos os usuarios ós que prestan axuda”. José Manuel Blanco felicitounas polo “traballo fundamental que desenvolvedes na sociedade” e destacou tamén a importancia da colaboración entre as administracións públicas e as entidades sociais “para poder ofrecer un servizo de calidade ós cidadáns”.
Dende o Concello de Narón intentarase continuar con esta colaboración “e incluso mellorala” en anos posteriores, tal e como expresou hoxe o Alcalde. En virtude destos convenios, vixentes durante o ano 2012, a entidade AFAES recibirá 7.000€ mentres que a ASCM percibirá 25.000€.
O presidente de AFAES Portanova, Félix Pena, agradeceu en nome desta entidade “o enorme apoio que están a prestar á nosa asociación” e agardou “que se siga mantendo e mellorando se é posible”. Pola súa banda, a xerente da ASCM, Paula Gárate, agradeceu tamén “o apoio e a colaboración estreita que vense realizando ó longo do tempo entre a asociación e o Concello” e agardou “que o traballo con persoas con discapacidade siga contando coa colaboración do Concello”.