VECIÑOS DE NARÓN LEVAN AUGA DENDE A FAISCA ATA A NOVA FONTE DE GUADALCANAL (SEVILLA)
A nova fonte inaugurouse con motivo do Irmanamento entre esta cidade e a Illa de Guadalcanal, situada no Pacífico Sur.
Narón, 26 de Xullo de 2013.- O veciño de Piñeiros Jose Antonio Lozano Gallego, acompañado dos seus fillos Noel e Pablo, participou hoxe no llenado da nova fonte de Guadalcanal (municipio situado na provincia de Sevilla), pobo do que é natal Jose Antonio.
Os tres respondían así á convocatoria feita polo Concello de Guadalcanal ó resto de municipios de España -co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias, FEMP- na que se solicitaba ós concellos a súa colaboración a través do aporte dunha botella de auga de cada municipio español. Neste caso, José Antonio recolleu a auga dunha fonte pública situada en A Faisca. Posteriormente tróuxona ó Concello, onde foi recibido polo edil de Servizos, Pablo Mauriz, quen lle felicitou por esta curiosa iniciativa e desexoulle boa viaxe.
O llenado da fonte e a súa inauguración realizouse hoxe, con motivo do Irmanamento entre esta localidade e a illa de Guadalcanal, pertencente ó arquipélago das Illas Salomón (no Pacífico).
Para celebrar o hermanamento entre ambos lugares, que comparten nome, tense construído unha fonte con cinco caños, da cal emana auga de diversos lugares do mundo, representando ós cinco continentes. O Concello de Guadalcanal pretende entrar no Libro Guinness de Records ó unir a auga de tódolos pobos de España.
O hermanamento de ambos lugares realízase debido a que a Illa de Guadalcanal foi descuberta no ano 1567 por Pedro Ortega Valencia, nacido no pobo sevillano de Guadalcanal.