CONCEDIDA UNHA SUBVENCIÓN PARA CONTRATAR DESEMPREGADOS NA REPARACIÓN DE BEIRARRÚAS
O Concello de Narón ven de recibir no día de hoxe (8-8-07)a comunicación oficial da concesión dunha subvención pola Delegación Provincial da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para a contratación dese persoal.
O importe total da concesión outorgada ascende á cuantía de trinta e seis mil oitocentos noventa e sete con setenta e dous euros "36.897,72 €" e concédese ao amparo dunha liña de axudas ás entidades locais para a contratación de traballadores desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.
As características dos contratos e dos traballadores a subvencionar son as seguintes:
2 postos de albanel, en xornada completa para seis meses de contrato e
2 postos de Peón en idénticas condicións.
Nambolos dous casos as axudas destínanse tanto aos custos salariais como de seguridade social dos traballores en situación de desemprego.
A provisión das prazas farase a través da oportuna petición ao INEM.