A CORAL DON DIEGO DE MUROS E A POLIFÓNICA A GAITEIRA ACTUARÁN NO CICLO TEMPO DE MÚSICA DO COUTO
O concerto terá lugar o vindeiro 22 de outubro nas instalacións do local social da Picota e a entrada é de balde
Narón, 18 de outubro de 2017. O local social da Picota, no Couto, acollerá o vindeiro domingo, día 22, unha nova xornada da vixésimo sexta edición do ciclo “Tempo de música”. A coral Don Diego de Muros e a Polifónica da Sociedade A Gaiteira, da Coruña, serán as encargadas de subirse ao escenario, a partir das 18.00 horas. A entrada ao evento, organizado polo Padroado da Cultura de Narón e a AVV do Couto, é de balde.
As actuacións musicais enmarcadas nesta edición de “Tempo de música” iniciáronse o pasado 1 de outubro e rematarán o día 29 deste mes. Os últimos concertos serán os do grupo “Culpables”, de Neda, e da coral “Amistad”, da AVV do Couto.
O evento conta coa colaboración da Federación Coral Galega e da Deputación da Coruña.