Está dirixido ás forzas e corpos de seguridade, e celebrarase o día 13 de outubro.
A Concelleira de Igualdade e Maiores do Concello de Narón, María del Carmen Espada, presentou esta mañá en rolda de prensa un obradoiro sobre Tratamento da Violencia de Xénero, dirixido ás forzas e corpos de seguridade. Esta actividade enmárcase no Plan de Igualdade para as Mulleres de Narón, e forma parte das accións encamiñadas a conseguir erradicar unha lacra social que afecta maioritariamente ás mulleres e ós seus fillos.
O obradoiro, solicitado á Vicepresidencia da Igualdade e Benestar, terá lugar o vindeiro día 13 de outubro, en horario de 16 a 20 horas. O Concello de Narón porá a dispor dos participantes o local onde impartilo, probablemente un aula de Biblioteca Municipal, e os materiais necesarios; mentres que a Secretaría Xeral de Igualdade enviará o persoal docente.
María del Carmen Espada sinalou o intenso traballo que estase a facer dende a Concellería de Igualdade para mellorar cada vez máis a atención que reciben as mulleres de Narón, e en especial as vítimas da violencia de xénero, e remarcou o carácter fundamental da formación dirixida “ás persoas que forman parte dos protocolos de actuación nesta problemática”.
Ademais, a Edila mostrouse satisfeita coa resposta que está a acadar o obradoiro, no que xa están apuntados 20 axentes da policía local de Narón, ós que se lles expedirá dende o Concello os correspondentes certificados de asistencia.