MAÑÁ MARTES 17 DE AGOSTO NA PRAZA DO COLEXIO DE XUVIA REPRESENTACIÓN DA OBRA ´ELEMENTAL´A PARTIR DAS 21.30 HORAS
Esta peza teatral estreouse no ano 2019 en Naukas (Bilbao) durante o maior festival de divulgación científica de España
Narón, 16 de agosto de 2021. A obra, de pequeno formato, creada e interpretada polo divulgador científico Manuel Vicente, o actor César Casal e o pianista Juanjo Fernández, está dirixida a público familiar e constitúe un proxecto xestionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo XXI.
Presentada no Concello pola concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, e Patricia Romero, integrante da AVV Altea de Xuvia, mistura a música do piano con stand-up, teatro, cancións, humor e drama para contar historias.
As persoas que desexen acudir poderán facelo ata completar o aforo.