Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE MAÑÁ UNHA MOSTRA ABERTA DO PROCESO DE CREACIÓN DOS BAILARÍNS E CREADORES ELVI BALBOA E IGNACION J. CABELLO
A cita, enmarcada no proxecto multidisciplinar Knifelike, dará comezo ás 20.00 horas
Narón, 8 de setembro de 2022. O Pazo da Cultura acollerá mañá, ás 20.00 horas, unha mostra aberta –dirixida ao público xeral- do proceso de creación da bailarina e creadora Elvi Balboa e do bailarín e creador Ignacio J. Cabello, titulado Knifelike. A iniciativa enmárcase no programa Residencias Paraíso 2022. Knifelike é un proxecto multidisciplinar que provoca o encontro/xogo/fusión entre a instalación, o movemento e o son, onde as disciplinas se dilúen para que se reflexione sobre as relacións da corporalidade do individuo coa súa imaxe virtual. Tanto Elvi como Ignacio investigan a obsesión por construír a identidade por medio da visualización do reflexo na propia imaxe, tal e como consta no proxecto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal