Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A PRESENTACIÓN DO LIBRO "EL ECO DE TU VOZ", DO ESCRITOR JUAN GALÁN
O acto, tal e como indicou a edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, será o 14 de setembro e dará comezo ás 19.00 horas
Narón, 9 de setembro de 2022. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que o vindeiro mércores, día 14, a Biblioteca municipal acollerá a presentación do libro “El eco de tu voz”, do escritor Juan Galán. A cita terá lugar na sala multiusos da planta soto a partir das 19.00 horas e no transcurso do acto o autor estará acompañado pola escritora naronesa María Isabel Ramos. “El eco de tu voz” (Editorial Medulia, 2002), conta a historia de Adela a través da súa propia voz e a doutras mulleres que pasan pola súa vida. A obra é tamén a historia dun amor apaixoado entre Fabiana Ponte, a avoa anarquista de Adela, e a escritora británica Virginia Woolf, unha trama que se desenvolveu no ano 1916 na Coruña. Juan Galán indicou que o libro “trata da emancipación da muller e, específicamente, da independencia que a muller escritora debe ter para crear”. Galán naceu na Coruña, no ano 1961, e actualmente reside en Ares. Comezou a súa carreira literaria coa publicación, en 2021, da novela histórica “Romanza de los naranjos en flor”, (Editorial Letrame), unha novela ben documentada que trata sobre os campos de concentración e a represión dos republicanos en Galicia durante a Guerra Civil.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal