Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NUN CURSO DE MONTAXE DE ESTADAS MULTIDIRECCIONAIS
O Programa municipal de Formación oferta un total de doce prazas, tal e como recordou a edil responsable da área, Natalia Hermida
Narón, 13 de setembro de 2021. O Concello mantén aberto ata este xoves, día 15, o prazo para inscribirse nun curso de Montaxe de estadas multidireccionais (“andamios”), convocado a través do Programa municipal de Formación. Poden anotarse persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón no Rexistro municipal –de 8.30 a 13.00 horas-, na Sede Electrónica do Concello ou a través dalgún dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Esta acción formativa, con doce prazas, ten unha duración total de 115 horas e impartirase do 28 de setembro ao 27 de outubro nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, de luns a venres entre as 8.30 e as 14.30 horas ata o 17 de outubro e os días 24 e 25 de outubro; de 9.00 a 14.00 do 18 ao 21 de outubro e de 9.00 a 13.00 os días 26 e 27 de outubro. Dende o Consistorio recórdase que se trata dunha acción formativa cun elevado grao de inserción laboral. O alumnado abordará entre os contidos formación teórica e práctica de montaxe e desmontaxe de andamios, prevención de riscos laborais, traballos en altura e en espazos confinados, rescate en altura e primeiros auxilios e módulos transversais de orientación. Dende o Concello recordouse ademais que hoxe mesmo se abriu o prazo de inscrición nun curso de Manipulador/a aplicador/a de produtos fitosanitarios (nivel básico) e que tamén quedan algunhas vacantes para o de Prevención de riscos laborais nos traballos en altura e nos traballos en espazos confinados, tamén do Programa municipal de Formación. As persoas que desexen recibir máis información sobre estas accións formativas poden facelo a través da Sede Electrónica de Narón ou do Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello ou a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal