Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALOU CATRO NOVOS SINAIS VERTICAIS INDICANDO OS ACCESOS AO POLÍGONO INDUSTRIAL DE RÍO DO POZO
O edil de Promoción Económica, David Pita, indicou que se trata dun investimento duns 15.600 euros
Narón, 20 de setembro de 2022. O polígono industrial de Río do Pozo conta dende a pasada semana con catro novos sinais verticais indicando os accesos dende a autovía AG-64 As Pontes-Ferrol e Ferrol-As Pontes, e os localizados na zona do Val e San Mateo. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, indicou que se trata dun investimento duns 15.600 euros. O edil naronés recordou que a actuación se suma á realizada o pasado mes de xaneiro, tamén en Río do Pozo, cando se instalaron outros catro paneis nos accesos polas avenidas Bernardo Romero e Gonzalo Navarro. “Continuamos avanzando na sinalización deste parque empresarial, o máis importante da comarca e o terceiro de maior superficie en Galicia”, explicou Pita, que valorou positivamente o resultado dos traballos realizados. Todos os paneis instalados son verticais, realizados en aluminio e rotulados con vinilo e seguen unha liña uniforme, en canto ás dimensións e cor, en azul, para dar a benvida ao polígono dende os diferentes accesos dispoñibles.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal