O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES
Neste obradoiro se traballará sobre principios básicos de seguridade e defensa persoal e principios básicos psicolóxicos e defensa persoal
Narón, 3 de novembro de 2022. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, anunciou a apertura do prazo de inscricion, hoxe, nun Obradoiro de defensa persoal para mulleres. Trátase dunha actividade de balde, enmarcada no "III Plan de Igualdade de Narón" e dirixido a mulleres e nenas a partir de 12 anos empadroadas no Concello de Narón, tal e como indicou a edil. As menores de idade deberán ir acompañadas dunha muller adulta.
O instructor policial PSDI e experto en defensa persoal José Rodríguez e a doutora en Psicoloxía Madó González serán os encargados de impartir este obradoiro, indicou Gómez.
As sesións impartiranse o 12 e o 19 deste mes no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, en horario de 10.00 a 13.00 horas. As inscricións poden tramitarse ata o 9 de novembro de 8.00 a 14.00 horas chamando ao número de teléfono 633 497 990.
Gómez animou ás mulleres ás que se dirixe a acudir a esta convocatoria, "impartida por grandes profesionais na materia e que ofrecerá a posibilidade de adquirir uns coñecementos básicos de defensa persoal".