Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO PARA SOLICITAR ALGÚN DOS SEIS POSTOS DISPOÑIBLES NO MERCADO DE NADAL
As persoas interesadas deben poñerse en contacto co Concello para realizar os trámites oportunos
Narón, 9 de decembro de 2022. O Concello instalará do 19 de decembro ao 4 de xaneiro na Praza da Gándara un Mercado de Nadal. Co fin de ocupar os postos que se habilitarán o vindeiro luns día 12 abrirá o prazo para anotarse, que pechará o xoves 15 ás 13.00 horas. As persoas con licencia de venda comercial e que vendan produtos artesáns, agasallos, artículos de decoración de Nadal… interesadas en instalarse nalgún dos postos deben escribir un correo electrónico á dirección me.mendez@naron.es, indicando o seu nome e apelidos, os produtos que desexa vender, un teléfono de contacto e un correo electrónico para realizar a tramitación. Os postos adxudicaranse por orde de solicitude e terán preferencia á hora da adxudicación as veciñas e veciños de Narón. Os postos permanecerán operativos nas datas indicadas –agás os días 25 de decembro e 1 de xaneiro- en horario de 17.00 a 20.00 horas, tal e como se avanzou dende o Concello.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal