Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÚSICA GOSPEL, FOLK, UN MUSICAL E UN ESPECTÁCULO DE CIRCO PARA DESPEDIR A PROGRAMACIÓN DESTE ANO NO PAZO DA CULTURA
As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 12 de decembro de 2022. O Pazo da Cultura acollerá este mes catro espectáculos enmarcados na programación anual do Padroado da Cultura con motivo destas datas de Nadal. A primeira cita será este xoves, día 15, ás 20.30 horas, con “The Harlem Gospel Choir”, un concerto protagonizado por un coro de gospel constituído no ano 1986 e moi recoñecido nos Estados Unidos. Unha decena de componentes desta formación subiranse un ano máis ao escenario do Pazo para ofrecer o tradicional concerto de música gospel do Nadal na cidade. As entradas teñen un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Esta fin de semana tamén se programou un espectáculo de circo, “Galtük, un sueño de Navidad”, que se poderá ver o venres ás 19.00 horas, o sábado ás 17.00 e 19.00 e o domingo ás 12.30 e 18.00. A compañía La Fiesta escénica regresa a Narón con este show circense que xa o pasado ano tivo un gran éxito de acollida. Unha nena que no seu soño perde os seus xoguetes é a protagonista desta historia e estará acompañada por outros xoguetes, en forma de personaxes de circo, que lle axudarán a buscalos. O prezo das entradas é de 12 euros para o público xeral; 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 7 euros para menores de 14 anos. O mércores 28 de decembro ás 17.00 horas poderase ver no Pazo o musical “La gran aventura de los Reyes Magos”, unha proposta á fronte da que está unha estrela cunha misión moi particular: atopar aos tres Reis Magos para levalos ao pesebre xunto co neno Xesús, María e Xosé. As entradas teñen un prezo de 16 euros no patio de butacas; 14 no anfiteatro 1 e 12 euros no anfiteatro 2. A programación anual do Padroado da Cultura pechará o día 30 deste mes cun concerto de música folk tradicional a cargo de Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre ás 20.30 horas. “As catedrais silenciadas” traerá ao Pazo hora e media de música na que non faltarán os pasodobres, as xotas, muiñeiras… As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal