Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REPARTE 1.000 CALENDARIOS DE SOBREMESA ILUSTRADOS CON IMAXES DA CIDADE
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, animou ás veciñas e veciños a achegarse ao Consistorio por algún exemplar
Narón, 13 de decembro de 2022. Os calendarios de sobremesa con doce imaxes da cidade xa se poden recoller no Concello. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, indicou que se editaron 1.000 exemplares que están xa a disposición das persoas interesadas no Punto de Información do Concello, na planta baixa. O calendario, ao igual que en anos anteriores, dispón dos teléfonos de interese do Concello. A rotonda de Freixeiro, a Costa Ártabra, o edificio do Concello, o paseo de Xuvia e algúns eventos deste ano como a Marcha Ciclista e as 21 Leguas forman parte, entre outros, das imaxes seleccionadas para o novo calendario. A concelleira de Turismo animou ás veciñas e veciños que o desexen a que se acheguen ao Concello para coller algún destes calendarios de sobremesa cos que se ilustran os doce meses do vindeiro ano.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal