Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS NARONESAS CELIA TENREIRO E LUZ ÁLVAREZ, GAÑADORAS DAS DÚAS PRIMEIRAS CESTAS DA "CAMPAÑA NADAL COMERCIO DE NARÓN"
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, felicitou ás premiadas e animou á cidadanía a continuar participando nesta campaña
Narón, 23 de decembro de 2022. As dúas primeiras cestas da “Campaña Nadal Comercio de Narón”, organizada polo Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón, entregáronse esta mañá. O edil de Promoción Económica, David Pita, foi o encargado xunto con Susana Oreona, representante da ACN, de entregalas ás dúas naronesas que resultaron gañadoras das mesmas Celia Tenreiro e Luz Álvarez. Os establecementos nos que se realizaron as compras nas que depositaron os tickets para participar na campaña foron a M Muíño e Bioreona, respectivamente. Así mesmo, tamén se procedeu á entrega de dous dos catro bonos nun hotel spa para dúas persoas cunha noite de aloxamento, á ferrolana Alexandra Castro e á naronesa Patricia Fernández, por realizar compras no local de Parafarmacia Anduriña e acudir á perruquería Choli, respectivamente. Os vales, tal e como se informou, poderán canxearse ata o 31 de marzo de 2023. A campaña inclúe o sorteo doutras dúas cestas con produtos do Nadal, que se entregarán o vindeiro 30 de decembro nun acto a celebrar tamén no Concello e no que se darán tamén outros dous bonos de hotel con servizo de spa. Pita animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a participar nesta iniciativa para poder obter algún dos premios que aínda non se sortearon. No mes de xaneiro entregaranse dous vales de 600 euros cada un e outros dous de 400 euros entre as persoas que están comprando e depositando as papeletas cos sus datos nos establecementos adheridos á campaña, que remata o 31 de decembro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal