Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMPLÍA EN DÚAS HORAS OS HORARIOS DE PECHE DE ESTABLECEMENTOS DE RESTAURACIÓN E DE OCIO E ENTRETEMENTO DURANTE CINCO DÍAS DO NADAL
A medida, con carácter ocasional, estará en vigor os días 24, 25 e 31 deste mes e o 1 e 6 de xaneiro de 2023, debendo contar os titulares dos establecementos coas pertinentes licenzas
Narón, 23 de decembro de 2022. O Concello amplía en dúas horas os horarios de peche dos establecementos de restauración (restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares) e establecementos de ocio e entretemento (salas de festas, discotecas, pubs e cafés espectáculo) con carácter ocasional para as festas do Nadal. A medida estará en vigor unicamente nas xornadas do 24, 25 e 31 de decembro deste ano e 1 e 6 de xaneiro de 2023. A ampliación só poderá levarse a cabo polos titulares dos establecementos abertos ao público existentes no municipio de Narón e queda supeditada a que eses titulares dispoñan da correspondente licenza municipal de apertura outorgada ou de Declaración responsable para o inicio de actividade, que fora sometida aos medios de intervención administrativa correspondentes con resultado favorable e notificada aos seus titulares.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal