Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O BIPARTITO NARONÉS APROBOU NO PLENO UN INVESTIMENTO DE 982.000 EUROS DO POS NUN CAMPO DE TIRO CON ARCO E MELLORAS NAS INSTALACIÓNS DO SPEIS
O Concello acolleu esta mañá un pleno extraordinario no que saíron adiante as dúas propostas e un investimento de 173.000 euros no Servizo de Axuda no Fogar
Narón, 13 de febreiro de 2023. O Concello acolleu esta mañá, ás 9.00 horas, un pleno extraordinario para aprobar a participación no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos da Deputación da Coruña. O bipartito naronés aprobou cos votos dos edís de TEGA e PSOE un investimento de 411.000 euros na construción dun campo de tiro con arco no polígono de Río do Pozo e de 570.000 na mellora das instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón. Os edís do PP e do BNG abstivéronse no momento da votación destas propostas. Así mesmo, na sesión saíu adiante cos votos favorables de TEGA, PSOE e BNG a proposta de participación do Concello no POS+ Adicional para o financiamento de gastos sociais extraordinarios desta anualidade. Neste caso, destinarase unha partida de 173.000 euros ao Servizo de Axuda no Fogar, tal e como se indicou na sesión plenaria. Dende o goberno local, os voceiros de TEGA e PSOE defenderon as actuacións ás que se destinarán estas achegas provinciais, co fin de implementar novas instalacións, mellorar as existentes e tamén ao SAF.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal