Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ MAÑÁ A PROXECCIÓN DA PELÍCULA "LIBERTAD" NO MARCO DO CICLO DE CINE "ELAS" IMPULSADO POLO CONCELLO E O CINECLUBE SERIE B
O ciclo, con entrada de balde, desenvólvese ao longo deste mes no Pazo da Cultura
Narón, 14 de febreiro de 2023. O ciclo de cine “Elas” impulsado polo Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B continuará mañá no Pazo coa proxección da película “Libertad”, de Clara Roquet. As persoas que desexen ver o filme poderán facelo neste ciclo, con entrada de balde e que comezará ás 20.00 horas. A directora da película obtivo a pasada semana o Premio Goya á mellor dirección novel e unha das actrices, Nora Navas, o de Mellor actriz de reparto. “Libertad” trata o tema da amizade entre dúas adolescentes que pasan xuntas o verán nunha idade na que avanzan cara á vida adulta. A última proxección deste ciclo será o vindeiro mércores, día 22, xornada na que se poderá ver no Pazo ás 20.00 horas a película “Las niñas”, de Pilar Palomero. O filme gañou o Goya á Mellor película, Mellor dirección de fotografía, Mellor guión orixinal e Mellor dirección novel no ano 2021. Conta a historia dunha nena de once anos que estuda nun colexio de monxas en Zaragoza, que vive coa súa nai e que xunto cunha nova amiga afrontará a etapa da adolescencia. A Federación Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia colaboran neste ciclo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal