Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN ITINERANTE "SINALADAS" PERMANECERÁ NO EXTERIOR DO PAZO ATA O VINDEIRO 2 DE MARZO
A mostra aborda temas como as revoltas agrarias, a represión do movemento obreiro por parte do franquismo ou as mulleres pioneiras na política, entre outros
Narón, 14 de febreiro de 2023. Os soportais do Pazo da Cultura acollen dende hoxe e ata o vindeiro 2 de marzo a exposición itinerante “Sinaladas”, unha mostra de rúa destinada ao espazo público e impulsada a través da Deputación da Coruña. A mostra intégrana un total de 39 paneis a través dos que se “pretende divulgar a figura de mulleres e movementos co obxectivo de ofrecer unha visión global da memoria das mulleres e seguir construíndo referentes”, tal e como indicaron. As revoltas agrarias, a represión do movemento obreiro por parte do franquismo, as mulleres pioneiras na política, a situación educativa da muller durante a II República e o franquismo, entre outros, son os temas que se abordan nesta exposición. A maiores, acompáñase dunhas unidades didácticas para planificar o proceso de ensinanza e aprendizaxe para grupos de escolares.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal