Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE NO SALÓN DE PLENOS CON ALUMNADO DE PRIMARIA DO CPR JORGE JUAN
Marián Ferreiro interesouse ante os escolares pola súa visión da cidade e as súas preferencias no tempo de lecer
Narón, 15 de febreiro de 2023. Unha vintena de escolares de sexto curso de Primaria do colexio Jorge Juan visitaron onte o Concello acompañados por dúas docentes do centro. Os menores visitaron as instalacións da Policía Local e do Arquivo municipal, na Casa Consistorial, e tamén o salón de plenos, onde se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro. A visita enmárcase no programa municipal de Recursos Educativos de Apoio á Escola, impulsado a través do Servizo Sociocomunitario Municipal. No salón de plenos os escolares interesáronse ante a alcaldesa por diversas actuacións e servizos municipais e tamén realizaron algunhas propostas de futuro. Ferreiro respostou ás preguntas formuladas e tamén se interesou por coñecer de primeira man a visión que teñen os rapaces e rapazas da cidade, as súas preferencias no tempo de lecer… As visitas deste programa continuarán no Concello con alumnado de sexto de Primaria o vindeiro 6 de marzo con alumnado do CEIP Ponte de Xuvia e o 17 de marzo do CPR Ayala. O programa inclúe a maiores visitas ás instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón (Speis), do Centro de Recursos Solidarios e da Biblioteca Municipal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal