Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 600 PERSOAS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NA "II CARREIRA E ANDAINA POLA IGUALDADE" ORGANIZADA POLO CONCELLO
A saída e a meta deste evento terán lugar nas inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara
Narón, 3 de marzo de 2023. Un total de 605 persoas participarán este domingo na segunda edición da “Carreira e andaina pola Igualdade” organizada polo Concello de Narón con motivo do programa de actos conmemorativos do 8M, Día Internacional das Mulleres. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou o éxito da iniciativa “a través da que queremos manifestar dun xeito diferente o noso compromiso e a nosa implicación, así como a de todas e todos os participantes, de cara a avanzar neste longo camiño para acadar a igualdade real entre homes e mulleres”. Ferreiro indicou que, pechadas as inscricións na noite do pasado 1 de marzo, están anotadas 225 persoas para a carreira na categoría de adultos/as; 235 menores nas diferentes categorías das carreiras para o colectivo e 145 para a andaina (125 adultos e 20 menores). A saída e a meta das diferentes probas será do pavillón polideportivo municipal da Gándara, zona pola que discurrirán os diferentes tramos desta convocatoria. A saída da carreira infantil será ás 10.00 horas e a da absoluta ás 11.00 horas, se ben os participantes na andaina partirán ás 11.05 horas. As tres primeiras mulleres e homes que rematen o tramo das categorías absolutas recibirán un premio, así como a participante feminina de maior idade que remate a carreira. En canto ás nenas e nenos, todos eles recibirán unha medalla pola súa participación nesta “II Carreira e andaina pola Igualdade”. Dende o Consistorio avanzouse ademais que pola zona na que se desenvolverá o evento haberá restricións para o tráfico rodado que estarán debidamente sinalizadas, solicitándose desculpas de antemán polas posibles molestias ocasionadas pola medida, necesaria para garantir a seguridade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal