Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN 211.000 EUROS MELLORAS DE SEGURIDADE VIARIA NA RÚA DA GARDA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a importancia da intervención a realizar, que permitirá humanizar a zona e dar prioridade aos peatóns
Narón, 15 de marzo de 2023. O goberno local destinou unha partida de 211.399 euros ao proxecto que permitirá materializar importantes melloras de seguridade viaria na rúa da Garda, na zona do Alto do Castiñeiro. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recordou que se trata dun vial executado hai quince anos “que a día de hoxe é unha das principais vías de acceso á cidade, conectando a rede principal de entradas pola autopista e autovía e tamén con saída ao centro urbán pola estrada de Castela”. “A actuación forma parte dun plan integran de melloras de accesibilidade e infraestruturas municipais que estamos levando a cabo e enmárcase nas actuacións do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), a través do que se aposta por mellorar a accesibilidade dos peóns e, ao mesmo tempo, da circulación rodada” destacou Ferreiro. As obras proxéctanse no tramo inicial da rúa da Garda, entre a estrada de Castela e a rúa Santa Tecla. O vial localizado nese tramo, de algo máis de 20 metros de ancho, é na actualidade unha das vías principais do núcleo urbán de Narón, próximo a importantes zonas residenciais e servizos como o Concello ou o centro de saúde, entre outros. “A humanización desta zona permitirá garantir a seguridade dos peóns, coa mellora das beirarrúas e da iluminación e a ampliación da zona peonil, que pasará a ter case o dobre de ancho”, explicou a alcaldesa. A maiores, os traballos previstos, tal e como indicou Ferreiro, completaranse coa renovación da rede da recollida de pluviais en ambos marxes do tramo, a redución do espazo para os vehículos e a plantación de especies arbóreas para crear un pequeño bulevar. A alcaldesa explicou que se crearán percorridos seguros para os peóns que se dirixan aos pasos de peóns localizados no tramo, que contarán con espazos seguros de espera. Así mesmo, melloraranse os futuros accesos aos garaxes e zonas comerciais, recolocarase parte do alumeado, repavimentarase o vial e crearanse pequenos parterres para a plantación de especies como prunos, de crecemento lento. O acondicionamento de pequenos espazos verdes en zonas de remate de beirarrúas, que tamén se dotarán con prunos, e a colocación de papeleiras, bancos e sinalización horizontal e vertical completarán esta intervención. A rexedora local indicou que as empresas interesadas en executar este proxecto dispoñen de prazo ata o día 28 deste mes para presentar as ofertas no Concello e avanzou que o prazo de execución dos traballos está fixado nun máximo de catro meses. “A nosa aposta por avanzar na humanización da cidade lévanos a impulsar proxectos como o da rúa da Garda, que experimentará un cambio importante e necesario e que revertirá en melloras para a seguridade viaria na zona”, destacou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal