Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENSO PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS PODERÁ CONSULTARSE NO CONCELLO A PARTIR DO VINDEIRO LUNS
A concelleira de Estatística, Mar Gómez, indicou que o período de consulta será do 10 ao 17 de abril
Narón, 4 de abril de 2023. O censo electoral de Narón para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio permanecerá a exposición pública dende o vindeiro luns día 10, ata o 17 de abril (incluído) no Concello, tal e como indicou a concelleira de Estatística, Mar Gómez. A consulta pode realizarse nas oficinas do Negociado de Estatística do Concello –na planta baixa, en horario de 8.30 a 13.30-, na Sede Electrónica do Instituto Nacional de Estadística e na delegación provincial do INE, na Coruña. Durante o periodo indicado poderán consultar os seus datos censais e, no caso de que non sean correctos, realizar reclamacións ao censo. Así mesmo, habilitáronse uns teléfonos de contacto e horario do INE: 981 217 439; 981 217 426 e 981 101 900, podendo chamar de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas e tamén o número de fax: 981 206 235.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal