Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA TRINTENA DE MENORES PARTICIPAN NA ACTIVIDADE DE CONCILIACIÓN "COLE ABERTO EN SEMANA SANTA"
A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, e o edil de Mocidade, Pablo Mauriz, visitaron hoxe aos participantes nesta proposta
Narón, 4 de abril de 2023. Unha trintena de nenos de entre 3 e 12 anos participan dende onte na actividade de conciliación municipal “Cole aberto en Semana Santa”. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, e o edil de Mocidade, Pablo Mauriz, desprazáronse hoxe ao colexio da Gándara, onde se desenvolve esta iniciativa que rematará o vindeiro 10 de abril. Os menores teñen cada día a primeira hora unha asemblea na que se elixe a un encargado ou encargada e onde tamén se lles explican as actividades que se levarán a cabo durante cada xornada. As monitoras que os acompañan encárganse de agrupar ás nenas e nenos segundo a súa idade para desenvolver o programa previsto en cada ocasión, que inclúe unha merenda saudable e proxeccións de películas, manualidades, xogos e actividades deportivas… unha serie de propostas que culminarán o vindeiro luns, día 10, coa Festa das cores, na que os participantes disfrutarán con pos holi dunha celebración de fin de actividade que terá lugar nas inmediacións da Casa da Mocidade, tamén na Gándara. As actividades lévanse a cabo en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, se ben se ofreceu tamén ás familias servizo de madrugadores de 8.00 a 9.00 e de acompañamento ata a recollida ao mediodía entre as 14.00 e as 15.00. Trátase dunha proposta encamiñada a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ás familias cuxos dous membros parentais traballan durante o período vacacional nos colexios con motivo da Semana Santa. Contidos educativos transversais como a educación para a paz e non violencia, a tolerancia, diversidade, solidariedade, igualdade de xénero, educación para a saúde, coidado medioambiental e consumo sostible forman parte das temáticas que se abordarán durante os catro días desta actividade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal