Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CUARTA EDICIÓN DO GULLIVER FEST DESENVOLVERASE DO 11 AO 13 AGOSTO NA ÁREA RECREATIVA DE PEDROSO
O Concello e a Asociación FurgoGalicia organizan unha nova edición deste festival da cultura viaxeira
Narón, 5 de abril de 2023. A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, anunciou as datas nas que se celebrará a cuarta edición do Festival da Cultura Viaxeira Gulliver Fest, do 11 ao 13 de agosto. O Concello e a Asociación FurgoGalicia organizan este evento, que reúne na área recreativa de Pedroso a persoas de diferentes idades procedentes de varios concellos de dentro e fóra de Galicia. O Gulliver Fest é un festival sobre naturaleza, música, viaxes e literatura e conta cun espazo para furgonetas, caravanas e autocaravanas na propia área recreativa de Pedroso. Concertos de acceso libre, actividades deportivas, culturais, xogos populares e as concurridas charlas viaxeiras, nas que diferentes persoas que viaxan polo mundo contan as súas experiencias en primeira persoa. O festival ten carácter popular e, ao tempo, familiar, cunha traxectoria dentro da programación estival da cidade que ofrece a oportunidade de desfrutar dun entorno natural e dunha programación moi variada e adaptada a persoas de todas as idades. A programación do festival darase a coñecer públicamente dende o Concello e tamén a través da web: www.gulliverfest.es, onde se poderán tramitar as inscricións para acampar en Pedroso durante esas datas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal