Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ANUNCIOU AS NOVAS DELEGACIÓNS QUE ASUMIRÁN OS EDÍS DO GRUPO DE GOBERNO
Marián Ferreiro asinou a resolución de Alcaldía na que figuran os novos nomeamentos, que se publicarán no BOP
Narón, 5 de abril de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou esta mañá a resolución na que figuran os cambios nas delegacións de goberno que asumían edís socialistas e que pasan a ostentar concelleiras e concelleiros de Terra Galega. Román Romero, edil de Facenda, Seguridade Cidadá e SPEIS pasará a ostentar as delegacións de Promoción e xestión de polígonos industriais e Participación Cidadá, mentres que Manuel Ramos, concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Bens Inmobles, suma a concellería de Sanidade. As delegacións increméntanse tamén para o edil de Servizos, Ibán Santalla, que asumirá Medio Ambiente e a concelleira de Turismo, Formación, Novas Tecnoloxías, O Ocio e Festas, que tamén ostentará Promoción Económica e Feiras e Mercados. Así mesmo, o edil de Obras Públicas, Persoal, Recursos Humanos, Mocidade e Lecer, Pablo Mauriz, asumirá as delegacións de Infraestruturas Públicas e a de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, levará tamén Benestar Social. Os cambios realizados, tal e como indicou Ferreiro, serán publicados no Boletín Oficial da Provincia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal