Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DA DEPRESIÓN E MELLORA DA SAÚDE MENTAL CONVOCA CATRO NOVAS CONFERENCIAS EN ABRIL E MAIO
O edil de Sanidade, Manuel Ramos, avanzou que a primeira conferencia deste mes terá lugar o día 15 no Alto
Narón, 10 de abril de 2023. O ciclo de conferencias do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental continuará esta fin de semana na cidade. O sábado día 14 terá lugar unha nova charla, nesta ocasión sobre “A importancia das relacións sociais e a comunicación cos demais na nosa saúde mental”, a cargo da traballadora social, formadora e mediadora familiar Paula Paz. A convocatoria dará comezo ás 11.00 horas no salón de actos do Centro Cívico Social Manuela Pérez Sequeiros, con entrada libre ata completar a capacidade da sala, tal e como indicou o edil de Sanidade, Manuel Ramos. A seguinte convocatoria deste mes será o sábado 29, tamén ás 11.00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeuiros. A proposta para esa xornada será unha mesa redonda con Lidia Sánchez, psicóloga especializada en psicoloxía clínica, que falará sobre “Vivir cun problema de saúde mental, a importancia de comprender e empatizar”. O ciclo de conferencias continuará no mes de maio con outras dúas propostas. O día 11 ás 19.30 horas o salón de actos do Centro Cívico Social do Alto acollerá a da psiquiatra e psicoterapeuta Anabel González, sobre “Cambios vitais: como afrontar os momentos de cambio na nosa vida”. A segunda conferencia de maio será o día 27 ás 11.00 horas, tamén nas citadas instalacións do Alto, e correrá a cargo de Martina González Veiga, psicóloga xeral sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual e de parellas. González falará sobre “Sexualidade e relacións de parellas; vínculos, como afectan á nosa saúde mental”. O concelleiro de Sanidade animou á cidadanía a acudir a estas conferencias, nas que os asistentes terán a oportunidade de interactuar coas ponentes e realizar as consultas que, sobre a temática abordada en cada caso, estimen oportunas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal