Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PINTOR NARONÉS MANUEL RODRÍGUEZ BECEIRO EXPÓN UNHA TRINTENA DE OBRAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou tamén a apertura do prazo de inscrición nunha sesión de contacontos para bebés
Narón, 11 de abril de 2023. A Biblioteca municipal acolle ata o vindeiro 29 de abril unha exposición de pintura do naronés Manuel Rodríguez Beceiro. A mostra está formada por unha trintena de obras realizadas en diferentes técnicas e estilos e pode visitarse, tal e como indicou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00. O pintor naronés iniciouse na pintura no ano 2003 na Casa das Palmeiras, en Neda, onde recibiu formación e participou nunha exposición conxunta de obras paisaxísticas. Bodegóns, animais, flores, e paisaxes están entre as temáticas das obras que se poden ver estes días na cidade. Manuel Rodríguez formouse na disciplina de pictogravado, aínda que el mesmo recoñece que a súa técnica é principalmente autodidacta. A edil de Bibliotecas anunciou tamén a apertura, hoxe, do prazo de inscrición na sesión de contacontos para bebés “Leo e as cores”, que terá lugar o vindeiro sábado, día 15. A proposta diríxese a menores de entre 6 e 36 meses, que deben ter o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendentes. Leo é o león máis curioso da selva e un día unha choiva de pompas quitoulle as cores a un elefante e unha tartaruga amigos seus, polo que o león procurará axuda para devolverllas. As inscricións poden tramitarse de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal