Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ O DÍA CINCO DE MAIO A PRESENTACIÓN DO DISCO ´ANOTHER LIFE´ DE NADINE KHOURI
A perda, o desprazamento e o amor son algúns dos temas máis evidentes nas cancións da cantautora libanesa
Narón, 12 de abril de 2023. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá a presentación do novo disco de Nadine Khouri, “Another life”, o venres 5 de maio ás 20.30 horas. Así o indicou a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, que recordou que as persoas interesadas poden adquirir as entradas para este concerto na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado: www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/presentación-do-disco-another-life Nadine Khouri, libanesa, aínda que afincada en Londres, defínese como filla do desarraigamento, e conta que as súas cancións nacen motivadas polo doloroso sentimento de saberse forasteira a perpetuidade. Inevitablemente, a súa música soa a profunda melancolía, honestidade, e carácter confesional, pero tamén a beleza serena e elegante madurez. O seu espectral, cálida e delicada voz remite ás de Hope Sandoval, Stina Nordenstam ou Julee Cruise, e exerce de piar dunha proposta que parte de premisas eminentemente acústicas para erixir atmosferas de ensoño, perturbadoras e emocionantes. Non sorprende que o prestixioso John Parish, co seu exquisito gusto para as voces femininas, recorrese aos seus servizos, nin que producise dous exquisitos discos de estudo que remiten ao Nick Cave máis sosegado e os Tindersticks máis cinemáticos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal