Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O ESPECTÁCULO DE DANZA "DEMENTE"
As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 13 de abril de 2023. O Pazo da Cultura acollerá este sábado o espectáculo de danza “DeMente”, unha obra de baile e música tradicional galega de Fran Sieira Compañía de Danza. A cita terá lugar a partir das 20.00 horas e unha duración estimada dunha hora, un tempo no que o público que acuda poderá desfrutar desta proposta cultural na que se plasma o tema dos trastornos mentais, unha das patoloxías que segundo a OMS sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. O elenco artístico, formado por oito bailadores e bailadoras, amosará en escena a evolución dos tratamentos en persoas que padecen ese tipo de trastornos e trasladarán unha mensaxe centrada na importancia da integración na sociedade do colectivo e tamén da normalización con respecto a outro tipo de doenzas. Así mesmo, exemplificará algunhas destas doenzas e tamén o trauma que supoñen. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal