Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN ÚNESE Á INICIATIVA DO "APAGÓN AMBIENTAL" PARA CONCIENCIAR SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO
A acción a desenvolver no Día Mundial do Medio Ambiente encádrase no proxecto europeo "People and Planet"
Narón, 5 de xuño de 2023. O Concello de Narón súmase, xunto con outros concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a este “apagón” con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente que neste ano céntrase na contaminación por plásticos. O Concello partir das 23.00 horas ata as 00.00 horas suspenderá a iluminación pública na Casa da Cultura e na rotonda de Freixeiro. A acción encádrase no proxecto europeo “People and Planet”, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático co fin de concienciar sobre o consumo de enerxía. O proxecto “People and Planet: un destino común” ten como obxectivo concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable. A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e que se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global. Procúrase así contribuír a implementar a Axenda 2030, en especial o ODS 13, que chama a adoptar medidas urxentes para loitar contra o cambio climático e os seus efectos. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 19 entidades de Galicia, Portugal, Alemaña, Irlanda, Italia, Polonia, Romanía, Países Baixos e Cabo Verde.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal