Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO AMPLÍA O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS CULTURAIS DE VERÁN DO PAZO
As inscricións poderán tramitarse dende o luns 19 ata o 30 de xuño sempre que continúen prazas vacantes
Narón, 16 de xuño de 2023. O Padroado da Cultura amplía do 19 ao 30 de xuño, sempre que queden vacantes, o prazo de inscrición nos Campamentos Culturais do Pazo. Ao igual que na xornada de hoxe venres poderanse anotar menores censados en Narón pero tamén noutros concellos nas vacantes dispoñibles a día de hoxe, un total de 17. Para a primeira quenda de xullo, do 3 ao 14, hai libre unha praza para menores de 10 a 12 anos; na segunda, do 17 ao 28 de xullo hai seis prazas tamén para nenas e nenos de 10 a 12 anos e, finalmente, na terceira quenda, a do 31 de xullo ao 11 de agosto hai tres vacantes para menores de 6 a 9 anos e sete para os de 10 a 12 anos. Os Campamentos culturais de verán ofertaron un total de 225 prazas. O prezo por quincena é de 50 euros e as inscricións deben tramitarse nas oficinas do Pazo da Cultura –rúa Holanda s/n- de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal