Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA O BONO BUS UNIVERSITARIO AO CAMPUS DA CORUÑA
A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, informou que as axudas poderán solicitarse ata o 21 de xullo
Narón, 7 de xullo de 2023. O Concello abrirá o vindeiro luns, día 10, o prazo de solicitude de axudas para o transporte de estudantes universitarios ás Facultades da Universidade da Coruña (UDC), no Campus da Coruña, durante o curso académico 2023/2024. As subvencións cubren o 50% do bono bus para o traslado diario dos universitarios ao campus da UDC e poderán solicitarse ata o vindeiro 21 de xullo, incluído, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro. A edil avanzou que a partida global do Concello para estas subvencións para o curso 2023/2024 ascende a 13.200 euros. As persoas beneficiarias destas bonificacións deben estar empadroadas en Narón, figurar como matriculadas na Universidade da Coruña –campus da Coruña- non superar os umbrais de renda establecidos anualmente polo Ministerio de Educación e cumprir todos os requisitos desta convocatoria, que se poden consultar na páxina web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/Axudas-transporte-universitario-UDC.pdf. As tramitacións destas bonificacións poden realizarse a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.00 horas- co modelo oficial do Concello, que estará dispoñible no propio Rexistro e tamén na Sede Electrónica, donde se poderán tramitar. Así mesmo, pódese facer a través doutros medios previstos no artículo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal