Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA MATRICULARSE NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
As familias interesadas poden aínda formalizar matrículas nos centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros
Narón, 7 de xullo de 2023. A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, informou que as tres escolas infantís municipais, as da Solaina, A Gándara e Piñeiros, dispoñen de vacantes para o vindeiro curso 2023-2024. A edil naronesa indicou que nas instalacións da Solaina quedan dez vacantes para menores de 0 a 1 anos; seis para os de 1 a 2 e cinco para os de 2 a 3 anos. Así mesmo, na escola infantil de Piñeiros hai doce vacantes de 0 a 1 anos, unha para a franxa de 1 a 2 e cinco para a de 2 a 3 e na da Gándara quedan libres nove prazas para nenas e nenos de 0 a 1 anos, unha para os de 1 a 2 e tres para os de 2 a 3 anos e en horario de tarde quedan cinco vacantes. As matrículas poden tramitarse, ata esgotar as vacantes, a través do Rexistro municipal e tamén na Sede Electrónica do Concello.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal