Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ O VINDEIRO LUNS A PRESENTACIÓN DO LIBRO "HUIDA A MI ESPEJO", DE MILAGRO GÓMEZ
O acto dará comezo ás 19.30 na sala multiusos da planta soto, tal e como avanzou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro
Narón, 25 de agosto de 2023. A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro luns, día 28, a presentación do libro “Huida a mi espejo”, da escritora venezolana Milagro Gómez Brito. Así o avanzou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, que indicou que o acto –aberto á asistencia do público xeral, ata completar a capacidade da sala- dará comezo ás 19.30 horas na sala multiusos da planta soto das citadas instalacións municipais. A autora explicou que o seu libro “nace do máis profundo do sentir dunha muller encerrada no seu silencio, no solipsismo atroz que a persiste como vestixio do tempo que transcorre nela deixando fendas non só na súa palabra senón tamén no espello do seu ser”. A publicación, recén saída do prelo, está publicada por Diversidad Literaria e poderase adquirir tralo acto. Milagro Gómez naceu en Viento Fresco, un pequeno pobo do Estado Monagas, en Venezuela. O seu interese pola escritura naceu no seu fogar, onde vía ao seu pai ler a prensa diariamente e onde a súa nai escribía e lía poemas. Coa súa familia participou en numerosas actividades culturais pero foron especialmente os recitais de poesía os que espertaron en Milagro o interese por escribir. A autora recoñece nela a influencia de poetas venezolanos/as como Félix Antonio Calderón, Gustavo Pereira, Andrés Eloy Blanco, Ana Enriqueta Terán ou María Calcaño e de autores universais como Pablo Neruda, César Vallejo, Antonio Machado, Federico García Lorca ou Arthur Rimbaud.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal