Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN COMETA PARA ACTUACIÓNS SOBRE AS COLONIAS FELINAS
Marián Ferreiro rubricou o acordo con Nuria Pérez nun acto no que tamén estivo o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e outras representantes de Cometa
Narón, 27 de agosto de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou un convenio con Nuria Pérez, presidenta da asociación Cometa, nun acto no que estiveron tamén presentes o edil de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e outras representantes da citada entidade. O acordo ten como obxectivo, tal e como indicou a rexedora local, establecer as bases de colaboración técnica e económica entre o Concello e a asociación para executar actuacións –sanear e esterilizar, entre outras- nas colonias felinas da zona urbana, para que estean nas mellores condicións sanitarias e mellorar a salubridade pública da zona na que se localizan. En virtude ao convenio o Consistorio comprométese a aboar os gastos derivados das esterilizacións, vacinacións e desparasitacións nos termos acordados coa Mancomunidade, formalizando a colaboración entre Cometa e veciñas e veciños voluntarios para o control ético das colonias felinas. Deste xeito, tal e como se recolle no documento, dende o Concello autorízase á asociación Cometa a levar a cabo a coordinación da xestión ética das colonias felinas, debendo a entidade identificar ás persoas que baixo a organización da mesma poderán levar a cabo actuacións de alimentación e saneamento, así como captura para a esterilización ou tratamento dos gatos das colonias felinas. Pola súa banda, a asociación comprométese a elaborar un censo da colonia felina, indicando o número de exemplares que a integran, estado xeral dos animais e indicación dos que están esterilizados. Así mesmo, será responsabilidade dos coidadores o control hixiénico da colonia, sendo estritos nas condicións ambientais e de limpeza dos comedeiros e bebedoiros dos animais. A alimentación dos felinos só poderá realizarse nas zonas previamente acordadas co Concello e terá que levarse a cabo a diario con penso seco e auga limpa e fresca en igual horario, para minimizar comportamentos molestos e facilitar a observación das colonias. A alcaldesa destacou e valorou o traballo que realiza o persoal da asociación Cometa e o das voluntarias e voluntarios que levan a cabo os traballos de alimentación dos felinos baixo unhas medidas que garantan a salubridade precisa para este tipo de actuacións. Así mesmo, Ferreiro recordou que o Concello dispón dunha ordenanza sobre a protección e tenza de animais de compañía e potencialmente perigosos na que se especifican, entre outros, unha serie de medidas específicas para as colonias felinas, incidindo en que o seu control e seguemento “é unha actividade de interese xeral para o conxunto da comunidade que precisa da colaboración das administracións, asociacións protectoras de animais, como neste caso Cometa, e persoal voluntario”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal