Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ASOTRAME ABRE INSCRICIÓNS NO OBRADOIRO DE ONCOIOGA GRATUÍTO APOIADO POLO CONCELLO
As prazas para participar neste programa de saúde dirixido a pacientes ou expacientes oncolóxicos son limitadas
Narón, 29 de agosto do 2023. Durante a primeira semana de setembro, a Asociación Gallega de Trasplantados de Médula Ósea (Asotrame) retomará o seu programa de oncoioga. Trátase dun programa de saúde dirixido a pacientes ou expacientes oncolóxicos de calquera tipo de cancro, aberto tamén aos seus familiares. A participación é gratuíta grazas ao apoio do Concello de Narón, que patrocina o proxecto. Iso si, as prazas son limitadas, polo que a asociación abre hoxe o prazo para anotarse. Hai que chamar ao teléfono 698 130 684, no que tamén se poderán consultar dúbidas sobre esta iniciativa saudable. As clases arrancarán o día 6 de setembro, e celebraranse todos os mércores de 9.30 a 10.30 horas nas instalacións de Samsara Integral Yoga, na rúa Velázquez, 29, preto da casa consistorial naronesa. No caso de que aínda non se superase a enfermidade, cómpre o visto e prace do médico para participar na actividade, e nela os exercicios e posturas adaptaranse a cada caso. As sesións de ioga adaptado, que impartirá a especialista Ana Freire, buscan contribuír a mellorar o estado físico das persoas participantes, axudando a que a súa musculatura non se agarrote, ao tempo que favorece o seu benestar emocional, aliviando a ansiedade. Compartir tempo con outras persoas que viviron ou están a vivir un proceso similar axuda a normalizar a situación, permitindo tamén un certo desafogo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal