Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS POSTOS DE VENDA DO FEIRÓN DA SOLAINA INSTALARANSE ESTE DOMINGO NAS RÚAS CLARA CORRAL E XOSEFA IGLESIAS
Dende o Concello enviáronse as pertinentes comunicacións aos titulares dos postos para informalos dos cambios
Narón, 30 de agosto de 2023. As Concellerías de Feiras e Mercados e SPEIS, dirixidas por Mar Gómez e José Oreona, respectivamente, anunciaron o cambio de ubicación do feirón que mensualmente se celebra na Solaina. O vindeiro domingo, día 3, terá lugar unha nova xornada que con motivo das obras de humanización que se acometen na avenida da Solaina levou a trasladar a ubicación ás rúas Xosefa Iglesias e Clara Corral, entre a zona da avenida de Santa Icía e as instalacións do pump truck. Dende o Concello enviouse unha comunicación aos titulares de cada un dos 85 postos que se instalan habitualmente neste feirón para informalos do cambio, adxuntando un plano no que poden ver, segundo a numeración establecida, en que espazo teñen que instalarse cada un deles. Roupa, cestería, calzado, embutidos e outros produtos de alimentación, un posto de venda de polbo e churrasco… estarán entre eses postos que habitualmente acoden ao feirón mensual que se celebra nesta parroquia da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal