Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VISITOU AS INSTALACIÓNS DA EMPRESA CT INGENIEROS, UNHA MULTINACIONAL DE REFERENCIA EN SECTORES COMO O NAVAL E A AERONÁUTICA
Marián Ferreiro, asegurou que "é un orgullo ver como empresas punteiras como esta manteñen a súa sede en Narón e levan o nome da nosa cidade por todo o mundo"
Narón, 27 de setembro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse á empresa CT Ingenieros (CT Engineering Driven People), con sede no polígono da Gándara, para visitar as súas instalacións. A rexedora local estivo acompañada polos edís de Promoción Económica, Olga Ameneiro, e Novas Tecnoloxías, Román Romero, nun encontro no que entre outros representantes da empresa estiveron o responsable de proxectos, Tomás Fernández, a xerente da Unidade de Negocios, Almudena Casanova, e Juan Sousa, á fronte da dirección. Ferreiro agradeceu o convite que lle realizaron para coñecer as instalacións da empresa na localidade, unha firma cun amplo abano de mercado nos sectores naval, aeronáutico, automovilístico, de infraestruturas… tanto a nivel nacional como internacional. CT Ingenieros, empresa con máis de 35 anos de experiencia, conta con sedes en nove países, entre eles ademais de España, Francia, Alemaña e Reino Unido, máis de dous mil expertos enxeñeiros e máis dun milleiro de clientes en todo o mundo. “CT Ingenieros é unha empresa tecnolóxica I+D+I punteira en varios sectores, polo que é todo un orgullo que manteña a súa sede en Narón, levando o nome da nosa cidade por todo o mundo”, recalcou a alcaldesa. Ferreiro asegurou que “é un orgullo comprobar como os nosos polígonos industriais acollen multinacionais que traballan en sectores tan especializados como o naval, a automoción ou a aeronáutica e que son auténticos referentes nos seus ámbitos de actuación, como é o caso de CT Ingenieros”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal