Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE ESCRITORES CONVOCAN PARA ESTE SÁBADO "LITERATURA NA RÚA"
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, agradeceu a participación das librarías Pasapáxina, Albatros e Nova e das escritoras e escritores que acudirán ao evento
Narón, 28 de setembro de 2023. O Concello de Narón convoca xunto coa Asociación gallega de escritores a primeira edición de “Literatura na rúa”, unha xornada na que colaboran tres librarías locais e que contará coa participación de doce escritoras e escritores que asinarán exemplares dos seus libros ás persoas que o desexen. A convocatoria desenvolverase en horario de mañá, de 10.30 a 13.30 horas, tal e como avanzou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. As librarías Pasapáxina, Albatros e Nova participarán nesta convocatoria, e contarán cun espazo habilitado no exterior para que os autores e autoras poidan asinar as publicacións. En Pasapáxina estarán Sara González, Juan Galán, Miguel Castro e Teresa Cameselle; en Albatros farán o propio Juan José Lada, Isabel Ramos, Sabela Cagiao e Micaela Barbeiro e nas instalacións de Nova asinarán libros Mav Alonso, Clara Ventura, Antonio D´Tenerife e Lucía Otero. Ferreiro agradeceu a implicación das librarías locais para levar a cabo esta primeira edición de “Literatura na rúa” e tamén a participación das escritoras e escritores, algúns deles de Narón e comarca, que estarán durante a mañá do sábado asinando exemplares dos seus libros. “É unha gran oportunidade para coñecer en primeira persoa aos autores de publicacións de moi diversos xéneros, fomentando a cultura a través da literatura e ofrecendo ás escritoras e escritores un espazo onde poder amosar e vender as súas obras”, apuntou. A rexedora local agradeceu tamén o traballo da Asociación galega de Escritoras e Escritores “coa que unha vez máis temos a oportunidade de colaborar nesta cidade, agora celebrando a primeira edición deste evento literario que esperamos e confiamos en que sexa a primeira de moitas máis nos vindeiros anos”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal