Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIARÁ UNHA RONDA DE CONTACTOS COA UNIVERSIDADE E EMPRESAS PARA ANALIZAR A PROBLEMÁTICA DAS MOSCAS DO VAL
O Consistorio acolleu esta mañá a xuntanza, na que participaron representantes do Concello, da Xunta e da AVV "Os I rmandiños" do Val
Narón, 29 de setembro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá a Comisión informativa sobre a problemática das moscas na parroquia do Val, un organismo que se acordou constituír no pleno do pasado mes de xuño e integrado polo Consistorio, a AVV Os Irmandiños do Val e representantes da administración autonómica. En representación da Xunta estiveron presentes a delegada territorial, Martina Aneiros e o xefe do servizo de Saúde ambiental da Dirección Xeral de Saúde Pública, Manuel Álvarez Cortiñas e Francisco José Malvido, xefe da sección e Sanidade ambiental da Xefatura territorial de Sanidade na Coruña, se ben por parte do Concello acudiron tamén o edil de Sanidade e Medio Ambiente, Manuel Ramos, en representación de TEGA e, na dos outros grupos políticos da corporación: Gonzalo Iglesias (PP), Olaia Ledo (BNG) e Silvia de Arriba (PSOE), así como a presidenta da AVV “Os Irmandiños” do Val, Manoli Castro. Convidouse tamén inicialmente á convocatoria, na que rexeitaron participar, a representantes da delegación do Goberno en Galicia e das consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, por entender que a gravidade e alcance do problema é tal que precisa do traballo conxunto das administracións. Dende o goberno local indicouse que o Concello porase en contacto coa universidade e empresas especializadas para analizar a problemática con profesionais que poidan determinar, ou cando menos ofrecer algunha conclusión sobre esta problemática. Unha vez que se poidan determinar esas conclusións ou se realice algún avance ao respecto, convocatase de novo aos integrantes desta comisión. Persoal técnico municipal repasou as numerosas xestións realizadas dende o Consistorio dende que se detectou a problemática con diversas consellerías da Xunta de Galicia, direccións xerais, a Sociedade Galega de Historia Natural, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, Augas de Galicia… En todas as ocasións se informou sobre esta situación e tamén se advertiu da urxencia de traballar conxuntamente para atopar unha solución a unha situación que afecta á vida diaria das veciñas e veciños da parroquia do Val e que supón tamén un risco sanitario.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal