Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONSELLO SECTORIAL DE IGUALDADE ACOLLEU A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS PARA CONMEMORAR O 25N
A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, presidiu a convocatoria, á que asistiron representantes da corporación local e de varias entidades
Narón, 19 de outubro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asistiu ao inicio do Consello Sectorial de Igualdade convocado para a xornada de hoxe no Concello e ao que acudiron representantes da corporación local e de entidades Movilidad Humana, Asociación de Fibromilaxia Fatiga Crónica del Noroeste (Affinor), Asociación sociocultural ASCM, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Asociación de Mujeres con Discapacidad de Galicia (Acadar) e Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra. A rexedora local delegou a presidencia da convocatoria na edil de Igualdade, María Lorenzo, que avanzou que mañá venres se gardará un minuto de silencio ante o Concello, ás 12.00 horas, en sinal de condena do asasinato de Elisa Abruñedo, unha veciña de Cabanas asasinada hai dez anos por Roger Serafín Rodríguez, residente en Narón, que hoxe confesou ser o autor do crime. No transcurso da convocatoria presentáronse as propostas do Consistorio para celebrar o vindeiro 25 de novembro o Día internacional contra a violencia de xénero, dando a coñecer o plan de traballo que se levou a cabo nas últimas semanas. Os representantes do goberno local intercambiaron opinións xunto co resto de integrantes do Consello Sectorial, dende o que plantexaron algunhas propostas de cara a conmemorar na cidade o 25N e tamén outras para os vindeiros meses. A edil responsable da área comprometeuse a analizar as iniciativas plantexadas para analizar a súa viabilidade de cara a integralas na programación a desenvolver nesa data.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal