Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHAS XORNADAS DE MICOLOXÍA E OUTRAS DE APICULTURA ORGANIZADAS POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN TERRA RENDIBLE
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentou hoxe as actividades xunto con Francisco Javier Castro, presidente da asociación Terra Rendible, Laura Millet e Jesús López, técnico e tesoureiro da citada entidade
Narón, 7 de novembro de 2023. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentou hoxe xunto con Francisco Javier Castro, presidente da asociación Terra Rendible, Laura Millet e Jesús López, técnico e tesoureiro da citada entidade, dúas novas actividades, abertas á cidadanía en xeral, para as que está aberto o prazo de inscrición. Esta mesma semana, o venres e o sábado, levarase a cabo a cuarta edición das Xornadas micolóxicas nas que colaboran a Asociación micolóxica Viriato e a Cooperativa do Val. Nesta última ubicación celebrarase a convocatoria do venres, entre as 18:30 e as 21:00 horas, se ben o sábado 11 a actividade será en horario de mañá, de 9:30 a 17:00 e trasladarase ao local social do Val. Así mesmo, os días 24 e 25 deste mes celebrarase unha xornada de iniciación á apicultura, a cargo de representantes da Casa do Mel de Goente, en As Pontes. A cita será o venres de 16:30 a 21:00 horas no local social de San Mateo e na xornada do sábado nese mesmo horario, nas instalacións da Casa do Mel. Dende a Asociación Terra Rendible o presidente indicou que as actividades se enmarcan no convenio que a entidade mantén co Concello e agradeceu a implicación da administración local. Calvo incidiu en que dende o colectivo “queremos poñer en valor os terreos en desuso e intentar darlles un valor nas áreas da micoloxía, a apicultura, as plantas medicinais…”. Así mesmo, o tesoureiro recalcou a importancia de “poñer en valor o rural a través dun proxecto conxunto de mellora deses terreos”. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, destacou o labor de Terra Rendible, entidade que conta cuns 70 asociados, maioritariamente veciñas e veciños de Narón. As maiores, animou á cidadanía a inscribirse nestas dúas convocatorias, para o que poden informarse e reservar a través do mail: info@terrarendible.gal, ou do teléfono 622 655 769.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal