Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRODUTORA PORTOCABO RODOU NA CIDADE NOVAS ESCENAS DA TERCEIRA EDICIÓN DA SERIE "RAPA"
O Concello restrinxiu estacionamentos temporalmente en varias rúas e autorizou o uso de instalacións como o antigo centro de saúde
Narón, 7 de novembro de 2023. A grabación da terceira tempada da serie “Rapa” en varias zonas da cidade implicou a cesión de instalacións como o antigo centro de saúde e restricións no estacionamento en varias rúas da cidade. Dende a produtora Portocabo solicitáronse ao Consistorio os permisos oportunos para atender as necesidades das gravacións nos últimos meses. As rúas Santo Tomás, San Nicolás, San Xurxo, o Camiño do Peregrino, as inmediacións do estadio municipal de Río Seco, a zona de Aldea Nova, en Sedes, e o Auditorio municipal da Praza de Galicia foron algúns dos espazos sobre os que traballaron dende a produtora dened o pasado mes de agosto. Así mesmo, á hora de aplicar estas medidas, contouse coa colaboración de persoal voluntario de Protección Civil de Narón, do SPEIS e tamén axentes da Policía Local, co fin de atender as demandas solicitadas pola produtora.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal