Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA RUTA POLA ZONA DO MONTE NEME
A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, indicou que se abriu o período de inscrición
Narón, 9 de novembro de 2023. A celebración da Semana do Patrimonio terá a vindeira semana unha actividade propia na cidade organizada dende a Concellería de Participación Cidadá. A edil responsable da área, Olga Ameneiro, informou que o día 19 deste mes se levará a cabo unha ruta de sendeirismo pola zona do monte Neme, ubicado no límite dos concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños. “As pegadas do volframio” é o lema desta proposta, unha excursión na que se unen o sendeirismo, a historia e o medio ambiente e que permitirá dar a coñecer o monte Neme e os seus arredores, aprendendo sobre o seu impacto e poñendo en valor o patrimonio da comarca de Bergantiños. Sobre os anos 40 do pasado século comezaron a saír da zona toneladas de volframio destinado á fabricación de armamento durante a Guerra Mundial en Europa, o que condicionou a historia desta zona. A igrexa de Oza, os castros do Rodo, de Nión, as casas das minas, o circuíto lítrico da Eira das meigas.. forman parte desta ruta integrada na cadea costeira de Bergantiños. As persoas que participen sairán ás 8.00 horas do Concello e regresarán sobre as 19:00 horas, tras realizar un percorrido duns oito quilómetros pola zona indicada, que guiará persoal da asociación ambiental Senda Nova. Para obter máis información poden dirixirse ao correo electrónico: escolaparticipacion@naron.gal ou chamar ao número de teléfono 603 865 413.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal